Friday 03 de May de 2024

Antigas alumnas do CPI San Sadurniño participaron en Madrid no aniversario do proxecto LÓVA


O proxecto estatal LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje) fai estes días o seu 15º aniversario. Celebrárono onte no Real Teatro de Retiro, en Madrid, cunha mesa redonda na que varias mozas e mozos contaron a súa experiencia nesta iniciativa de creación artística e educación en valores.
O CPI San Sadurniño, un dos centros máis veteráns, estivo representado polas antigas alumnas Helena Beceiro e Carmen Díaz. Ambas, que hoxe son xa universitarias, formaron parte nos anos 2014 e 2015 da compañía escolar Pegadas Musicais, compartindo con outras rapazas e rapaces o complexo labor de produciren desde cero unha obra musical: libreto, luces, son, interpretación, decorados…todo.
Porén, a aprendizaxe de vida máis importante veulles da necesidade de superar por si atrancos, imprevistos e pequenos e grandes conflitos durante os meses de preparativos antes da estrea; tendo sempre preto ás súas mestras e mestres para botarlles unha man.
Deixámosvos a ligazón ao coloquio, emitido ao vivo a través de youtube: